O sábado 29 de abril celébrase o VIII Encontro de Patinaxe das Escolas Deportivas do Concello de Ames.
Máis de 300 patinadores e patinadoras do concello e arredores participarán neste evento organizado polo Club Patinaxe Artística Omega e o Club de Patinaxe Sarela, en colaboración co Concello de Ames.

Pola mañá disfrutaremos das actuacións grupais, onde participarán os rapaces e rapazas dos grupos de Milladoiro, Bertamiráns e Barouta. Ademáis, contamos tamén coa presencia de varios grupos de Brión e do Colexio La Salle de Santiago de Compostela. ¡Este ano contamos tamén con actuacións de parellas de artístico!

Pola tarde será tempo dos bailes individuais, organizados en diferentes niveis.

¡Moita sorte a todos e todas!