Vídeo dedicado á patinadora do club María Torre París, con motivo da súa nominación como Promesa Femenina do Concello de Ames do ano 2016.

O Concello de Ames celebra este sábado 30.01.2016 na Casa de Cultura de Milladoiro a súa X Gala do Deporte como recoñecemento ao esforzo e dedicación que teñen tod@s @s deportistas do concello nas súas disciplinas deportivas. Ese día coñeceremos se a premiada na categoría de «Promesa Femenina do Concello de Ames» son as patinadoras María Torre (CPA Omega) e Antía Vizcaya (CP Sarela), como recoñecemento ao ascenso de ámbalas dúas á Primeira Categoría no pasado mes de novembro.

Nós tamén queremos felicitala polo seu traballo e entusiasmo diario, que comparte con tod@s e cada un das persoas que están ao seu carón.

Noraboa María!