Comeza decembro e volve o concurso de debuxos de nadal que organiza o CPA Omega para tod@s @s seus soci@s.
Animádevos a participar! Esperamos as vosas obras.

En resumo:

TEMA: «O nadal e a patinaxe artística».
PARTICIPANTES: Patinador@s do CPA Omega. Cada participante poderá presetar cantos traballos queira.
FORMATO E TÉCNICA: Tamaño DINA4, sen dobrar.
LUGAR DE ENTREGA: Na oficina do club, dentro DUN SOBRE PECHADO, onde conste ÚNICAMENTE O ANO DE NACEMENTO d@ participante. OS DATOS PERSOAIS (nome, apelidos, teléfono de contacto) INCLUIRÁNSE NO REVERSO DA CARTULINA.
PRAZO DE ENTREGA: Ata o mércores 22 de decembro, ás 21.30h.
CATEGORÍAS: Haberá 3 categorías:
a) Data de nacemento entre 2010 e 2014.
b) Data de nacemento entre 2006 e 2009.
c) Data de nacemento en 2005 ou previos.
As categorías de PRIMARIA (data de nacemento entre 2007 e 2014) participarán únicamente no concurso de debuxos. A partir da categoríaSECUNDARIA (data de nacemento 2006 ou previos) poderán presentar debuxos ou fotografías.
SELECCIÓN DE OBRAS PREMIADAS: Durante a cea de nadal que terá lugar o sábado 22 de decembro de 2018.
PREMIOS: Outorgarase un premio por cada grupo de participantes.