Comeza decembro e volve o concurso de debuxos de nadal que organiza o CPA Omega para tod@s @s seus soci@s.
Nesta ocasión, os maiores tamén poderán participar con fotografías!

Animádevos a participar! Esperamos as vosas obras.

En resumo:

TEMA: «O nadal e a patinaxe artística«.
PARTICIPANTES: Patinador@s do CPA Omega. Cada participante poderá presetar cantos traballos queira.
FORMATO E TÉCNICA: Tamaño DINA4, sen dobrar.
LUGAR DE ENTREGA: Na oficina do club, dentro DUN SOBRE PECHADO, onde conste ÚNICAMENTE O ANO DE NACEMENTO d@ participante. OS DATOS PERSOAIS (nome, apelidos, teléfono de contacto) INCLUIRÁNSE NO REVERSO DA CARTULINA.
PRAZO DE ENTREGA: Ata o mércores 13 de decembro, ás 21.30h.
CATEGORÍAS: Haberá 3 categorías:
a) Data de nacemento entre 2009 e 2013.
b) Data de nacemento entre 2005 e 2008.
c) Data de nacemento en 2004 ou previos.
As categorías BENXAMÍN e ALEVÍN (data de nacemento entre 2005 e 2013) participarán únicamente no concurso de debuxos. A partir da categoría INFANTIL (data de nacemento 2004 ou previos) poderán presentar debuxos ou fotografías.
SELECCIÓN DE OBRAS PREMIADAS: Durante a Cea de Nadal que terá lugar o sábado 16 de decembro de 2017.
PREMIOS: Outorgarase un premio por cada grupo de participantes.