E así despedimos o ano no Club de Patinaxe Artística Omega, cunha Gala de Nadal chea de actuacións e sorpresas, con bailes grupais e tamén individuais. Este ano fixemos un recorrido polos distintos estilos musicais, dende os Anos 80 ata o Rock & Roll máis marchoso, pasando pola Salsa e o Hip Hop.

Dende a directiva do Club queremos desexarvos unhas felices festas e que volvades coas pilas cheas.