Para despedir o curso como se merece, o pasado sábado tivemos unha xornada chea de patinaxe. Así, antes de celebrar a Gala Final de Curso do CPA Omega, @s patinadores/as participaron no I Trofeo do Concello de Ordes de Grupos Show, organizado polo Club Galia no pavillón Castelao (Ordes).

Disfrutamos moito das actuacións dos tres grupos. Ademáis, as patinadoras do grupo de precompetición acadaron o 3eiro posto de grupos grandes, coa súa coreografía «As Damas».