Aquí tedes as fotos do Campionato de II Categoría de Grupos Show que se celebrou a pasada fin de semana en Riazor. Noraboa a tod@s @s grupos participantes por facernos disfrutar coas súas coreografías.

E queríamos felicitar especialmente aos patinador@s do noso club: Carlo, Julio, Pablo, Miriam, Yomara, Diana, María, Iria, Alyssa, Andrea, Marina, Erika, Eva, Antía, polo seu traballo, por saír á pista con moita forza e gañas de disfrutar eles (e facernos disfrutar a nós), por facer súa a coreografía e querer despistar ao público,… en definitiva, por querer traballar como grupo a pesar do dificil que pode chegar a ser.
Noraboa por eso 4º posto acadado na clasificación, porque sen o esforzo de tod@s (voso, noso, dos pais e das nais, da directiva) non sería posible.