O CPA Omega está a piques de cumprir dous anos… Dous anos cheos de proxectos e de novos retos que se van facendo realidade pasiño a pasiño. E como non todo van ser duras xornadas de adestramento e campionatos, queremos celebrar esta data tan importante con todos e todas vós cunha «comida familiar» o próximo domingo 20 de setembro do 2015.

Estamos escollendo o lugar, pero xa vos podemos adiantar que é necesario preparar roupa cómodo e deportiva, unha toalla e o bañador ou bikini! ¡Preparade as mochilas con algo de comer e de beber, que o club invítavos ao postre!

Estade atentos porque o próximo mércores publicaremos a hora e o lugar.