Galería de fotos: III aniversario do CPA Omega (O Pedroso, 18.09.2016)

E así celebramos o noso terceiro aniversario, con tod@s vós, @s protagonistas deste club de patinaxe, desta familia na que nos convertimos día a día. Esperamos celebrar moitos máis, e que sigades con nós para soplar máis e máis velas. Este ano tivemos que buscar a Wally na Granxa do Xesto, e superar as diferentes […]

Galería de fotos: Campeonato de Categoría Rexional (Milladoiro, 11.06.2016)

Aquí tedes as fotos do Campionato de Categoría Rexional celebrado onte no Pavillón Municipal de Milladoiro. Noraboa a tod@s @s patinadores polo traballo realizado, nótase que estiveron adestrando con interés para lograr mellorar en cada competición 🙂

Galería de fotos: Campeonato de II Categoría Grupos Show… (Riazor, 9.04.2016)

Aquí tedes as fotos do Campionato de II Categoría de Grupos Show que se celebrou a pasada fin de semana en Riazor. Noraboa a tod@s @s grupos participantes por facernos disfrutar coas súas coreografías. E queríamos felicitar especialmente aos patinador@s do noso club: Carlo, Julio, Pablo, Miriam, Yomara, Diana, María, Iria, Alyssa, Andrea, Marina, Erika, […]

Galería de fotos: Campionato Niveis (A Pobra, 20.02.2016)

Aquí vos deixamos as fotos do Campionato de Niveis. Un resumo das dúas xornadas de patinaxe que se celebraron no pabillón de A Pobra. ¡Felicidades polas vosas actuacións! Participar e pasalo ben é o máis importante, demostrando o traballo realizado día a día. A seguir así, mellorando e crecendo como patinador@s e compañeir@s cada día […]

Galería de fotos: Campeonato de Ctgra Rexional (Covelo, 06.02.2016)

Deixámosvos as fotos do campionato de Categoría Rexional celebrado en Covelo o pasado sábado. Noraboa ás dúas participantes do CPA Omega, Yomara Ferreiro e Martina Bretaña. Encántanos vervos disfrutar con este deporte! Agora a seguir traballando…

Galería de fotos: III Gala de Nadal CPA Omega (Brión, 20.12.2015)

E así despedimos o ano no Club de Patinaxe Artística Omega, cunha Gala de Nadal chea de actuacións e sorpresas, con bailes grupais e tamén individuais. Este ano fixemos un recorrido polos distintos estilos musicais, dende os Anos 80 ata o Rock & Roll máis marchoso, pasando pola Salsa e o Hip Hop. Dende a […]

Galería de fotos: Trofeo Alquimia (Cambre, 13.12.2015)

Fotos do Trofeo organizado polo Club Alquimia o pasado 13 de decembro en Cambre. Participamos pola mañá coas patinadoras de niveis Carmen, Lucía, Alba, Sara, Uxía, Gaila, Carolina, Irene, Marta, Alicia e Miriam. Pola tarde contamos coas actuacións de María e Martina na sección de categoría. Parabéns a todas!

Galería de Fotos: II Categoría (Caión, 14.11.2015)

E finalizamos o día coas fotos do campeonato de Segunda Categoría celebrado en Caión (A Laracha). Felicidades ás 5 patinadoras do club que participaron: Categoría Benxamín: Martina Bretaña, Idara Pensado. Categoría Alevín: Yomara Ferreiro, Diana Cantora e María Torre. todas elas moi arroupadas polas súas compañeiras e compañeiros, que tampouco se quixeron perder este día. […]

Galería de fotos: I Trofeo Concello de Ordes Grupos Show (Ordes, 27.06.2015)

Para despedir o curso como se merece, o pasado sábado tivemos unha xornada chea de patinaxe. Así, antes de celebrar a Gala Final de Curso do CPA Omega, @s patinadores/as participaron no I Trofeo do Concello de Ordes de Grupos Show, organizado polo Club Galia no pavillón Castelao (Ordes). Disfrutamos moito das actuacións dos tres […]